Monday 06 de May de 2024

Adxudicación provisional da pavimentación e instalación dunha liña de pluviais nun tramo de rúa Torreiro en Corrubedo


 

O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional das obras de pavimentación e instalación dunha liña de pluviais nun tramo da rúa Torreiro en Corrubedo.

Entre as once ofertas presentadas, a obra recaeu na empresa Excavaciones Nima. S.L.. Composta un investimento de 22.649 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

O pavimento da zona de actuación atópase deteriorado e carece de rede separativa de alcantarillado, existindo un único colector de PVC polo centro da rúa que conduce as aguas ao bombeo do porto (e de aí a EDAR de Corrubedo) pero no que non están conectadas as acometidas domiciliarias.

Acometidas de augas fecais
O obxectivo que se persegue reside tanto en mellorar o pavimento da rúa Torreiro como conectar as acometidas domiciliarias de augas residuais ao colector existente e instalar unha rede independente para a recollida de augas pluviais.

Con tal fin, no que respecta ao saneamento de executarán sete acometidas domiliciarias, mentres que para pluviais se instalarán 60 metros de tubería de PVC corrugado, catro pozos de revistro, catro arquetas sumidoiro e catro acometidas.

En canto a pavimentos, combinarase o formigón pulido con franxas de pedra de granito.